Declaración institucional do alcalde de Culleredo

Estimadas veciñas, estimados veciños:
 
Vivimos todas e todos uns difíciles momentos ante o estado de alerta declarado polo Goberno do Estado e a emerxencia sanitaria declarada pola Xunta de Galicia para facer fronte á propagación do COVID-19. Supoñen unhas duras medidas que demandan da colaboración individual de cada un e unha de nós como vía imprescindible para frear a curva de espallamento deste novo coronavirus.
 
Como alcalde de Culleredo diríxome a cada un e unha de vós para en primeiro lugar darvos a grazas polos grandes esforzos que estades a realizar no cumprimento coas obrigas e recomendacións que fixaron as Autoridades Sanitarias. Non teño ningunha dúbida de que a cidadanía de Culleredo está e seguirá sendo un verdadeiro exemplo de actuación responsable para contribuír de forma decisiva á loita contra o coronavirus.
 
Desde o Concello estamos en constante contacto cos organismos autonómicos e estatais para actuar con eficacia ante calquera situación que se presente. A nosa prioridade será a atención social e a seguridade cidadá, coas fórmulas imprescindibles para atender a quen o necesite coa celeridade oportuna.
 
Temos os mecanismos axeitados para asegurar a asistencia a domicilio a todos e todas os cidadáns que o requiran. Sumaranse ao espírito de solidariedade que sempre nos caracterizou e que está agora a sobresaír con xestos admirables entre veciños e veciñas.
 
Foi moi emocionante onte sábado pola noite a iniciativa de aplaudir desde as casas o labor inestimable dos profesionais da sanidade. Viviuse en todo Culleredo, amosando un talante de sensibilidade e humanidade que supón unha auténtica fortaleza do noso pobo, un motivo incuestionable para saber que imos saír adiante desta situación de emerxencia.
 
Quero sumarme a ese aplauso para todo o persoal que está a traballar sen descanso no sistema sanitario para atender todas as incidencias que se están a xerar. E quero facelo extensible os profesionais de sectores como a alimentación, a seguridade, a atención á dependencia, e en xeral a todo as persoas que están a realizar traballos esenciais para o día a día. Sodes o noso motor social. Estamos con vós.
 
Por suposto, quero enviar unha mensaxe de alento a todos e todas os traballadores e traballadoras que vivides agora un momento de incerteza polas consecuencias que se deriven desta pandemia. A Administración, en todos os ámbitos territoriais, debe adoitar todas as decisións posibles para mitigar os efectos desta situación extraordinaria. Debe ser unha prioridade e niso podedes contar co Concello de Culleredo. 
 
Por diante temos días nos que continuar con estas medidas de confinamento determinadas polas Autoridades.  A disciplina social é imprescindible e debemos ser estritos, pensando tanto na nosa saúde como na dos nosos seres queridos e da cidadanía en xeral. Non saiamos da casa. Cumpramos con todas as medidas con paciencia e entrega, coa seguridade de que estamos realizando un acto de servizo á sociedade. Frear o avance do coronavirus depende de nós.
 
Quero trasladarvos a cada un e unha de vós unha mensaxe de ánimo e forza. Son momentos complicados pero teño a confianza absoluta de que unidos sairemos adiante. 
 
O Concello de Culleredo e eu como alcalde quedo á vosa total disposición.
 
Un afectuoso saúdo,
 
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde de Culleredo

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina