Aínda que a construción do novo centro de saúde do Portádego é competencia da Xunta de Galicia, o Concello de Culleredo programou un importante investimento para a construción dun aparcadoiro, que dea servizo tanto á instalación sanitaria como aos veciños da zona, que verán incrementada a carga de tráfico.
O Concello de Culleredo comezará en breve cunha nova obra de mellora da súa rede viaria. Nesta ocasión, tratarase da renovación do firme en dúas vías de Vilaboa e unha de Orro que se foi deteriorando conforme o paso do tempo.
O Concello de Culleredo executará os 3,1 millóns de fondos europeos logrados para a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI) coa participación das asociacións. O alcalde, Julio Sacristán, convocou para mañá venres a 62 entidades que xa formaron parte no seu día do proceso de participación para a redacción do proxecto que mereceu a axuda europea.
O Concello de Culleredo será un dos 12 beneficiarios en Galicia das subvencións da Unión Europea para levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI). Así o publicou hoxe o Boletín Oficial do Estado o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, encargado da xestión en España.
O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de actuacións de ampliación do servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión comezou unha obra de instalación de colectores no centro de Tarrío, completando así a rede de recollida de fecais.
O Concello de Culleredo xa executa o proxecto de mellora do pintado do polideportivo municipal do Burgo. A actuación cambiará por completo o aspecto da infraestrutura xa que se está creando un gran grafiti que decorará todo o exterior, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían.
O Concello de Culleredo informa de que nas eleccións autonómicas do 25 de setembro produciranse cambios na localización de varias mesas electorais. A localización xa foi notificada a cada veciño no cartón correspondente.
Tras as obras de rehabilitación acometidas no soto e na planta baixa, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo volve estar plenamente operativo. As oficinas municipais e o rexistro auxiliar xa funcionan desde onte, ofrecendo atención ao cidadán no corazón da trama urbana.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER