Reaberto o Edificio de Servizos Múltiples tras as obras

Tras as obras de rehabilitación acometidas no soto e na planta baixa, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo volve estar plenamente operativo. As oficinas municipais e o rexistro auxiliar xa funcionan desde onte, ofrecendo atención ao cidadán no corazón da trama urbana.
 
Na parte esquerda da planta baixa atópanse as oficinas. Os veciños poden alí realizar as súas xestións para os departamentos de Cultura, Deportes e tamén de Educación, novidade do cambio. No entanto, en Vila Melania (Vilaboa) manterase a psicóloga municipal con asuntos como o plan de absentismo ou os programas contra o fracaso escolar, así como unha atención permanente ao cidadán.
 
Tamén esta zona atópase o mencionado rexistro auxiliar, con dúas unidades nas que se poden facer os mesmos trámites que no rexistro xeral do Concello.
 
As oficinas presentan un aspecto modernizado e funcional para atender aos veciños. Ten un mostrador de atención, zonas diáfanas de traballo, despachos e sala de reunións.
 
As obras no soto e na planta baixa obrigaron a levar temporalmente o rexistro ao Conservatorio. Ademais, polos traballos, foi necesario o peche temporal da Biblioteca, quedando a súa actividade trasladada á de Vilaboa.
 
Agora, tras finalizar as obras e reabrir o Edificio, tamén volve estar operativa a Biblioteca. A boa acollida que tiveron neste tempo as actividades infantís na Biblioteca de Vilaboa levan ao goberno local a ofertar nesta nova tempada programación en ambas.
 
A maioría das actividades pretenden fomentar hábitos de lectura entre os pequenos, polo que sería unha "excelente noticia" que haxa demanda nas dúas bibliotecas, expresa Carmen Varela, concelleira de Educación e Cultura. Os contacontos da Dragona Ramona, talleres de contos ou os chamados biblioxogos son as principais actividades que cada venres organiza o Concello cunha elevada asistencia de veciños.
 
Melloras na sala infantil do Burgo
 
Aproveitando o peche temporal, o Concello de Culleredo acaba de executar un proxecto de mellora da sala infantil da biblioteca. Entre as principais novidades da actuación xa completada atópase a creación dun recuncho específico para bebés. Cun recinto de cores, os máis pequenos contan agora cunha zona para os seus xogos con maior seguridade.
 
O Concello tamén renovou o pintado de toda a dependencia, recorrendo a cores vivas para adaptala ao máximo ao público infantil ao que se dirixe. Tamén se introduciron novos elementos decorativos na sala, sempre coa intención de animar aos nenos á lectura.
 
Ademais, tanto na sala infantil como na de lectura renovouse a iluminación. Agora son luces tipo LED coas que contan ambos os espazos.
 
Nesta fase da rehabilitación do Edificio de Servizos Multiples renováronse as oficinas, rexistro, auditorio, sala auxiliar do auditorio, accesos, aseos e elementos xerais e de seguridade. O Concello investiu 775.000 euros grazas ao superavit cultivado nas contas municipais que permite cada ano novas e importantes investimentos.
 
Con esta fase, o inmoble incrementou de forma sobresaliente as súas prestacións para a atención veciñal e para o desenvolvemento da actividade cultural.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina