O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de actuacións de ampliación do servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión comezou unha obra de instalación de colectores no centro de Tarrío, completando así a rede de recollida de fecais.
En concreto a obra consistirá na instalación de dous novos colectores, 12 arquetas e catro pozos de rexistro. O tramo en cuestión sitúase na estrada provincial CP-3109, que comunica o Concello con Vilaboa, entre a contorna da farmacia e do lavadoiro.
Debido á existencia doutros servizos non é posible construír os colectores baixo as beirarrúas, polo que será necesario instalalos baixo un tramo da calzada. Isto implica unha regulación da circulación mediante semáforos.
Coa obra, o Concello proporcionará un servizo básico aos veciños da zona, garantindo así mesmo a separación efectiva das augas pluviais e as residuais. O orzamento da actuación é de 36.529,19 euros.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER