Tras un pormenorizado estudo da proposta formulada polo Ministerio de Medio Ambiente para o dragado da ría do Burgo, o goberno local de Culleredo elevará o xoves a pleno un total de dez alegacións para mellorar o proxecto, tanto desde o punto de vista ambiental como construtivo.
O Concello de Culleredo quere modernizar o sistema actual de transporte público no municipio. O goberno municipal cullerdense baralla un sistema, en combinación coas liñas tradicionais, que configure os traxectos segundo a demanda real dos veciños, propiciando mellores frecuencias para eles
O alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, avanza a idea de converter a actual estrada nacional, cuxa intensidade de tráfico reduciuse de forma sobresaliente coa apertura da Terceira Rolda, nunha avenida urbana real.
O Concello de Culleredo vén de aprobar en pleno extraordinario a proposta de estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) enmarcada na nova convocatoria de fondos FEDER. Baixo a denominación de "Culleredo Vivo", o goberno municipal elaborou un plan de 6,25 millóns de euros, dos que o 80% (5 millóns) serán solicitados á Unión Europa, achegando o Concello os 1,25 millóns restantes.
O Concello de Culleredo espera, segundo a estimación transmitida polos responsables dos traballos, que os seus dous principais proxectos en mellora do equipamento público estean listos o próximo mes de marzo. Trátase da remodelación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e da construción dun centro cívico en Fonteculler.
O Concello de Culleredo informa das modificacións na situación en mesas electorais do Burgo para as eleccións xerais do vindeiro domingo 20 de decembro. Os cambios están motivados polas obras que se están a realizar no Edificio de Servizos Múltiples.
O parque da Torre de Celas, un dos espazos verdes de referencia en Culleredo, xa conta con renovado parque infantil. O Concello acaba de concluír os traballos, incluídos no seu amplo plan de mellora das instalacións infantís.
O goberno local de Culleredo levará a pleno mañá, martes 25 ás 13.30 horas, un plan de obras por importe de 1.590.396,79 euros. Será un dos maiores conxuntos de actuacións dos últimos anos que o Concello propón dedicar a investimentos de carácter eminentemente social e de mellora dos servizos básicos, respondendo a peticións veciñais.
Os centos de veciños da zona de Fonteculler, Cordeda ou A Corveira xa contan cun renovado acceso ao paseo marítimo da ría do Burgo, espazo verde de referencia do municipio. O Concello de Culleredo abriu no mediodía de hoxe a pasarela peonil que agora enlaza o final da avenida Juan Carlos I co paseo, salvando o desnivel existente.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, visitaron as obras de construción de beirarrúas na Ermida, que executa a Deputación da Coruña. O obxectivo da visita foi acordar diversas correccións na actuación, que chegou herdada por parte do anterior goberno provincial.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER