O Concello de Culleredo vén de aprobar en pleno extraordinario a proposta de estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) enmarcada na nova convocatoria de fondos FEDER. Baixo a denominación de "Culleredo Vivo", o goberno municipal elaborou un plan de 6,25 millóns de euros, dos que o 80% (5 millóns) serán solicitados á Unión Europa, achegando o Concello os 1,25 millóns restantes.
Para a elaboración do plan o Concello abriu un proceso de participación, que incluíu a celebración de varias reunións con asociacións do municipio. Así mesmo habilitouse un espazo web para poder achegar ideas de actuacións.
O Concello, coas achegas veciñais, elaborou un plan que trata de conxugar as necesidades do municipio coas finalidades que marca a UE na súa convocatoria de fondos.
Así, "Culleredo Vivo" terá un triplo obxectivo estratéxico. En primeiro lugar, potenciar o uso das TIC na relación entre cidadanía e administración. En segundo lugar, maximizar o aproveitamento dos recursos naturais para vertebrar o municipio, mellorando a conectividade interna con medios de transporte seguros e ecoeficientes. E finalmente, promover a riqueza patrimonial de Culleredo e o seu posicionamento na área metropolitana.
Para conseguir estes obxectivos, o Concello programa un total de 12 proxectos. Serán os seguintes:
TOTAL: 6.250.000 euros
O cronograma do plan contempla a realización de accións desde o 1 de outubro deste ano até o 31 de decembro de 2022
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que o plan pretende complementar ao xa desenvolvido con fondos europeos entre 2007 e 2011, o chamado Plan Dinamo. Entón, grazas á obtención de fondos lograda, o Concello puido acometer grandes proxectos de rexeneración urbana ou eliminación de barreiras e dotación de equipamentos.
O Concello, unha vez que foi aprobada a proposta no pleno, remitiraa ao Estado para o seu posterior estudo na Unión Europea, que será a que determine o que se conceda.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER