As condicións nas que quedaba en ocasións a Reitoral de Celas levaron os veciños a pedir ao alcalde que se conguira o seu uso para as asociacións. No seu lugar, o Concello prestará antiga escola unitaria para xuntanzas.
A reforma do Edificio de Servizos Múltiples, centro neurálxico de actividade cultural e atención cidadá da zona urbana do municipio, encara a súa recta final. Os traballos, comezados na pasada primavera, seguen segundo o previsto e espérase un notable avance nos próximos dous meses.
A rede municipal de saneamento será obxecto dun novo proxecto de obras impulsado polo Concello de Culleredo. O obxectivo consiste en incrementar a rede e mellorala nalgún punto que presenta un peor estado, para garantir o seu correcto funcionamento.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 21 de setembro de 2015 ás 13.00 horas tratará en acto público unha proposta de modificación de prezos públicos.
O Concello de Culleredo declara tres días de loito e manifesta o seu fondo pesar pola desgraza ocorrida. Asemade, ponse á disposición das familias e dos alcaldes de Carral e Cambre para todo o que sexa necesario nestes intres.
O Concello de Culleredo acaba de finalizar os traballos de reorganización do aparcadoiro do Souto, emprazado na contorna máis antiga de Vilaboa. Dá servizo a esta zona de casas baixas e pazos, como o de Vila Melania.
O Concello de Culleredo acometerá unha dos principais investimentos en parques en dous dos espazos máis concorridos do municipio. Trátase da ampliación do parque infantil do paseo marítimo do Burgo, na contorna das pistas deportivas, e da ampliación do situado no parque da Torre de Celas.
O Concello de Culleredo deu a coñecer no pleno de organización celebrado hoxe a composición do equipo de goberno. O goberno local estará estruturado en oito grandes áreas, cun responsable político á fronte, coa atención ao veciño de forma transversal.
Con motivo das próximas festas de San Xoán, o Concello de Cullerado determina as disposicións mínimas a cumprir para o disfrute colectivo das lumaradas.
O Concello de Culleredo celebrou no mediodía do sábado a sesión constitutiva da corporación, tras as eleccións municipais do pasado 24 de maio. O candidato do PSdeG - PSOE, Julio Sacristán, como forza máis votada nos comicios, foi elixido alcalde de Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER