O Concello de Culleredo acaba de finalizar os traballos de reorganización do aparcadoiro do Souto, emprazado na contorna máis antiga de Vilaboa. Dá servizo a esta zona de casas baixas e pazos, como o de Vila Melania, hoxe convertido nun equipamento social municipal con salas de actividades, oficinas e un gran parque con elementos biosaludables ou os hortos urbanos. Tamén é empregado por veciños das inmediacións e usuarios de establecementos comerciais e de hostalaría.
No aparcadoiro detectáronse problemas coas xardineiras que foron levantando lastros e causando obstáculos para o normal uso do espazo de estacionamento. E por iso a petición dos usuarios levou a cabo esta actuación iniciada a finais do mes de xullo.
A actuación consistiu nunha modificación das xardineiras para facilitar o aparcadoiro adecuado, ademais con varias prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.
Tamén se moveron os farois nesta reorganización. Con esta modificación varíase a posición das prazas, o que permitirá que se incrementen un pouco en número.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras e Servizos, José Ramón Rioboo, apunta que a actuación era demandada por veciños da zona, usuarios habituais do aparcadoiro, que advertiron da necesidade de melloralo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER