O Concello de Culleredo acometerá unha dos principais investimentos en parques en dous dos espazos máis concorridos do municipio. Trátase da ampliación do parque infantil do paseo marítimo do Burgo, na contorna das pistas deportivas, e da ampliación do situado no parque da Torre de Celas.
O goberno municipal elixiu estes dous espazos para ampliar a superficie dado o elevado uso que ten por parte de moitas familias de Culleredo. No caso do Burgo, o paseo marítimo congrega a diario por centos de nenos, sendo unha das principais zonas verdes. No caso de Celas, o uso da reitoral e do galpón que ofrece o Concello para celebracións impulsa o uso do parque infantil.
Finalizado o proceso de contratación, o Concello adxudica os traballos por 79.069,49 euros. Consegue así un aforro na licitación de máis de 20.000 euros.
En ambos os casos, o Concello duplica a superficie e substituirá o chan, mellorando a seguridade infantil. Será de caucho e de tipo continuo, favorecendo a mobilidade.
Estas actuacións uniranse á xa acometida no parque de Costa da Lonxa, O Burgo, no paseo Tierno Galván, en Goiente, e en Castelo onde xa os nenos gozan do novo chan. Tamén se mellorarán os parques de Sueiro, Sésamo, e A Senra.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER