A rede municipal de saneamento será obxecto dun novo proxecto de obras impulsado polo Concello de Culleredo. O obxectivo consiste en incrementar a rede e mellorala nalgún punto que presenta un peor estado, para garantir o seu correcto funcionamento.
O proxecto contempla un total de seis actuacións. Desenvolveranse nas parroquias de Rutis, Celas e Almeiras, e no núcleo de Boedo.
En Rutis concentraranse tres obras. Na rúa Laxe renovarase un colector, que presenta un mal estado. Na rúa O Regueiro renovarase outro colector para evitar os atascos que se producen no cruzamento co regato. E na rúa Pablo Iglesias substituirase outro conduto.
En Celas instalarase un novo colector na pista que conecta Pozo da Cruz coa ermida de Ternande. Darase servizo así a esta zona. A actuación inclúe tamén a posta en marcha de 9 pozos de rexistro.
Na avenida de Almeiras o Concello instalará un novo colector de pluviais para evitar a entrada de auga da choiva na rede de fecais. Esta entrada de auga supón un risco de sobrecarga do saneamento, con consecuencias de avarías, e por iso é conveniente separalas.
E en Boedo instalarase un novo colector con tres pozos de rexistro, aumentando a rede.
O Concello destinará a estas actuacións un total 89.499,37 euros, co financiamento da Deputación da Coruña. Atópanse agora mesmo en fase de contratación. O prazo de execución será de tres meses.
O goberno de Culleredo aposta por seguir mellorando ano tras ano os servizos básicos como a rede de saneamento, cuxo funcionamento adecuado é fundamental tamén a nivel ambiental.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER