O novo centro de Fonteculler e Servizos Múltiples poderán estar listos en marzo

O Concello de Culleredo espera, segundo a estimación transmitida polos responsables dos traballos, que os seus dous principais proxectos en mellora do equipamento público estean listos o próximo mes de marzo. Trátase da remodelación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e da construción dun centro cívico en Fonteculler.

En ambos os casos, o goberno municipal atopa as obras moi avanzadas polo que confía que se non se produce ningún inconveniente poidan estar preparadas para o seu uso nuns dous meses.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, considera que ambos os proxectos servirán para cubrir unhas "claras necesidades" do municipio en canto a espazo cultural e en canto a punto de encontro para os veciños de Fonteculler.

A obra de Servizos Múltiples se focaliza agora na planta baixa, unha vez que o auditorio e os seus espazos adxacentes no soto xa están na súa fase final. O rexedor sinala que a actuación redundará tanto na seguridade do edificio como na accesibilidade ou no confort para os usuarios.

E no centro cívico de Fonteculler, o Concello xa prepara a licitación da dotación do mobiliario. Isto permitirá estar preparado para colocalo unha vez complétense os labores de construción da dependencia.

Neste caso, Sacristán entende que a súa posta en marcha permitirá un lugar de referencia nun núcleo poboado como Fonteculler para a realización de reunións e actividades. O alcalde lembra que nos últimos anos abríronse no núcleo varias salas provisionais para dar resposta ao veciños pero resulta "imprescindible" un centro cívico destas características.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina