O Concello de Culleredo informa das modificacións na situación en mesas electorais do Burgo para as eleccións xerais do vindeiro domingo 20 de decembro. Os cambios están motivados polas obras que se están a realizar no Edificio de Servizos Múltiples.
Os cambios son os seguintes:
- Distrito 1 Sección 2: pasa do Conservatorio ao Centro Social Costa da Lonxa
- Distrito 1 Sección 3 A e B: pasa de Servizos Múltiples ao Conservatorio
- Distrito 1 Sección 4A: pasa de Servizos Múltiples aos Muiños de Acea de Ama
- Distrito 1 Sección 4B: pasa do Conservatorio aos Muiños de Acea de Ama
- Distrito 1 Sección 5: pasa de Servizos Múltiples ao Centro Social Costa da Lonxa
O Concello procurou unha distribución segundo a proximidade das vivendas. Así, en resumo, os veciños da urbanización Tierno Galván e contorna votarán nos Muiños; os da contorna da praza de Europa, Visitación da Encina e avenida de Acea de Ama, no Conservatorio; e os da contorna de Ribados, rúas peonís, praza de Galicia e Pablo Picasso, na Costa da Lonxa.