O parque da Torre de Celas, un dos espazos verdes de referencia en Culleredo, xa conta con renovado parque infantil. O Concello acaba de concluír os traballos, incluídos no seu amplo plan de mellora das instalacións infantís.
Ata agora, o espazo conservaba chan de area. Aínda así reunía a moitos usuarios, sobre todo as fins de semana.
O proxecto do Concello tivo un dobre obxectivo: incrementar a seguridade infantil e ampliar a zona de xogos. Para o primeiro, colocouse un novo firme de caucho, de tipo continuo, o que favorece a mobilidade e amortece os posibles impactos. E coa ampliación da superficie propiciouse a instalación de novos xogos.
A estética do parque é outro dos aspectos que mellora notablemente. Apostouse por un firme moi colorido, en combinación con céspede artificial, acorde co uso infantil que presenta. O Concello dedicou aos traballos por 79.069,49 euros, nun proxecto conxunto co xa realizado no parque infantil do paseo marítimo, no Burgo.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, afirma que o modernizado parque destaca pola súa calidade, mellorando notablemente as prestacións de Celas, unha contorna onde ademais pódese atopar o centro social, o galpón, a pista deportiva cuberta, a zona forestal, o merendero, as grellas, ou a igrexa, e ao pé do monte Xalo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER