O goberno local de Culleredo deseñou unha estratexia de desenvolvemento urbano (DUSI), xa aprobada polo pleno da corporación, coa mirada posta na mellora do atractivo do municipio. E neste sentido a realización de accións para xerar novos espazos para o veciño é un dos principais obxectivos.
Un deses focos será a Nacional 550, ao seu paso por Vilaboa. O Concello xa acordou co Ministerio de Fomento a cesión da vía, pendente de executar, o que supón unha indubidable oportunidade de desenvolvemento, sinala a estratexia.
O alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, avanza a idea de converter a actual estrada nacional, cuxa intensidade de tráfico reduciuse de forma sobresaliente coa apertura da Terceira Rolda, nunha avenida urbana real. "Debemos lograr que unha gran infraestrutura como esta se humanice e non sexa unha barreira para o cidadán", sinala.
Esta humanización da N550, incluída na estratexia que o Concello presentou aos fondos europeos FEDER, conterá traballos para priorizar ao peón sobre o coche e en definitiva incrementar a calidade de vida dos veciños de Vilaboa.
Algunhas das accións previstas son:
O goberno municipal é consciente que asumir a titularidade da N550 suporá un gasto importante polo mantemento que levará, pero considera que permitirá, ao non depender como ata agora do Estado, levar a cabo estas accións pensando no benestar do veciño e liquidando as carencias de accesibilidade que pode presentar a vía.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER