Culleredo logra a subvención de 3,1 millóns de Europa para a súa estratexia de desenvolvemento

O Concello de Culleredo será un dos 12 beneficiarios en Galicia das subvencións da Unión Europea para levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI). Así o publicou hoxe o Boletín Oficial do Estado o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, encargado da xestión en España.
 
A contía que logra o Concello de Culleredo é de 3.140.054,40 euros, a cargo do FEDER. Agora requirirase unha reprogramación das actuacións concretas de cada obxectivo. A idea do goberno municipal é poder realizalo en breve prazo para iniciar canto antes o traballo dun programa que permitirá "proxectos de grande importancia" para os veciños de Culleredo, expresa o alcalde, Julio Sacristán.
 
O plan europeo do Concello de Culleredo, denominado "Culleredo vivo", ten un triplo obxectivo estratéxico. En primeiro lugar, potenciar o uso das TIC na relación entre cidadanía e administración. O goberno municipal aposta por propiciar infraestruturas para impulsar a conexión a internet dos veciños e a utilización da administración electrónica.
 
O segundo obxectivo será o aproveitamento dos recursos naturais para vertebrar o municipio, mellorando a conectividad interna con medios de transporte seguros e ecoeficientes. Preténdese pór en valor os recursos hídricos para enlazar as zonas urbanas coas naturais e a posta en marcha de transporte público eficiente.
 
E finalmente, o terceiro obxectivo será promover a riqueza patrimonial de Culleredo e o seu posicionamento na área metropolitana. O Concello quere relanzar a idea de Culleredo como lugar para investir e vivir na conxunto da área coruñesa, dinamizando o comercio e mellorando a calidade de vida urbana.
 
O rexedor cualifica de "excelente noticia" para Culleredo a obtención destes fondos. "Hai que darse conta da dificultade que tiña conseguilos, que mesmo grandes cidades quedaron fóra", apunta, resaltando o bo traballo realizado na elaboración do proxecto.
 
Para a confección do plan o Concello abriu un proceso de participación, que incluíu a celebración de varias reunións con asociacións do municipio. Así mesmo habilitouse un espazo web para poder achegar ideas de actuacións. Logo foi aprobado polo pleno da corporación o pasado mes de xaneiro.
 
Sacristán explica que o plan pretende complementar ao xa desenvolvido con fondos europeos entre 2007 e 2011, o chamado Plan Dinamo. Entón, grazas á obtención de fondos lograda, o Concello puido acometer grandes proxectos de rexeneración urbana ou eliminación de barreiras e dotación de equipamentos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina