O Concello de Culleredo xa executa o proxecto de mellora do pintado do polideportivo municipal do Burgo. A actuación cambiará por completo o aspecto da infraestrutura xa que se está creando un gran grafiti que decorará todo o exterior, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían.
Será un grafiti con motivos deportivos, facendo referencia ás distintas modalidades que se practican no pavillón do Burgo. Terá unha parte na fachada principal e outra na lateral, a que leva cara ao campo da Lavandeira.
Xa se pode ven un fondo en pintura azul onde se creará o grafiti. Calcúlase que estará listo no prazo de dúas semanas.
Ademais do grafiti, a actuación municipal consiste na renovación do pintado, que en partes do interior foise deteriorando. Repararanse os puntos con maior necesidade, especialmente onde se detectaron humidades.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, sinala que cos traballos darase resposta ás necesidades manifestadas polos usuarios, que son centos ao ser unha instalación moi utilizada. "Queremos mantela coas mellores prestacións", explica.
O desenvolvemento dos traballos non afecta á actividade deportiva.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER