Case 400 veciños enchen o salón de plenos na reunión sobre o Aeroporto convocada polo Concello

A preocupación que xerou no Concello de Culleredo e nos veciños a revisión que o Ministerio de Fomento propón do Plan Director do Aeroporto de Alvedro levou ao alcalde, José Ramón Rioboo, a actuar con prontitude. O pasado venres desprazouse ata Madrid para manter unha reunión coa Dirección Xeral de Aviación Civil de cara a manifestar a postura de Culleredo e escoitar os seus plans co aeródromo.
 
O alcalde expuxo as diferentes problemáticas atopadas na análise técnica encargado polo Concello de Culleredo. Detectouse a ausencia de documentación xustificativa de diferentes actuacións, así como distintos datos erróneos.
 
Concretouse a ampliación do prazo de exposición ao público por un mes. Isto permitirá ao Concello, e aos afectados, realizar o estudo do texto con maior profundidade e con todos os detalles técnicos necesarios para formular convenientemente as alegacións en defensa dos intereses dos veciños.
 
Os responsables de Aviación Civil informaron de que calculan un prazo de polo menos 2 anos para que o novo Plan poida estar aprobado desde que finalice a exposición ao público. Desta forma non entraría en vigor ata 2021.
 
Do encontro desprendeuse que a execución das medidas que inclúe o Plan Director está condicionada a unha variación nas premisas de tráfico aéreo. Cos datos actuais, non se chegarían a executar, informaron.
 
O rexedor expuxo no encontro a súa idea do futuro do aeroporto: un crecemento sustentable e en equilibrio coa contorna. O aeródromo axuda ao desenvolvemento económico da área metropolitana pero a administración "debe ser sensible coa afección dos veciños e evitar unha previsión irreal sen substento técnico".
 
As alegacións que exporá o Concello irán neste sentido. Demandarase a eliminación da nova pista de rodaxe ao comprobarse por parte dos técnicos que a actual é máis que suficiente para a previsión de crecemento de pasaxeiros que marca o propio Plan. "Non podemos consentir a realización de obras sobredimensionadas cando ademais implica a demolición de vivendas", sinala. A execución desta infraestrutura suporía o desvío das rúas Polvorín e Vixía.
 
En canto á franxa de seguridade, que pasará de 75 a 150 metros, executarase principalmente en zonas con pouca afección ao territorio. É unha directriz europea de seguridade que se debe cumprir.
 
O alcalde informou dos resultados convocatoria aberta celebrada o luns na Casa do Concello, reunindo a case 400 veciños.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina