O Concello de Culleredo ten en marcha o contrato urxente de limpeza de edificios ante a emerxencia sanitaria declarada polo alcalde, José Ramón Rioboo, a causa do ERTE ao 100% da encargada do servizo, Jardincelas. Esta resolución posibilitou a realización dun contrato urxente seguindo o procedemento breve que marca a lexislación.
Este servizo de limpeza de edificios foi adxudicado a Tragsa. A firma subrogou ao persoal nun trámite con Jardincelas que se completou o pasado mércores 19 de xuño. Así, o servizo urxente funciona desde o xoves 20. Os centros escolares e dependencias municipais de uso cidadán foron as primeiras en recuperar a normalidade do servizo. Este prolongarase ata a adxudicación do servizo ordinario, actualmente en trámite de licitación.
A emerxencia sanitaria foi declarada polo alcalde o pasado 31 de maio. Nestas tres semanas, o Concello encargou traballos puntuais de limpeza nos puntos máis sensibles, á vez que se tramitaba coa máxima celeridade posible o contrato de urxencia agora xa vixente.
En canto ao servizo de limpeza viaria, o Concello acaba de adxudicar o contrato de urxencia á empresa Valoriza, tras a tramitación de varias ofertas por parte dos departamentos municipais. A empresa, do mesmo xeito que no caso da limpeza de edificios, subrogará aos traballadores de Jardincelas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER