BANDO SAN XOÁN 2024

Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2024, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá. O presente bando vén a determinar as disposicións mínimas a cumprir para o mellor desfrute das festas das lumaradas de San Xoán.

En consecuencia e en uso das facultades concedidas no artigo 124g da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, 27 decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local.

DISPOÑO;

1.LUMARADAS

  • O horario das lumaradas establecese a partir das 18:00h do día 23 de xuño ata as 3:30h do día 24 de xuño.
  • As lumaradas non poderán ten unha altura superior á que determinen os Servizos de Emerxencias e Seguridade Municipais que as inspeccionen, e que en todo caso estará en función da súa situación, das distancias a edifícios e a outros elementos do ámbito.
  • Non se poderán realizar lumaradas preto de colectores, vehículos, vivendas, etc.(seguindo os criterios do punto anterior e en todo caso cunha separación mínima de 15 metros).
  •  Non está permitido a realización de lumaradas nas zonas verdes, parques infantís incluíndo os 15 metros da súa contorna.
  • Non está permitido o uso de combustibles nin acelerantes nas lumaradas, sardiñadas, barbacoas e similares.
  • Non se poderá acender lumaradas sen unha protección do chan con area ou materiais similares.
  • As sardiñadas, barbacoas e similares non poderán realizarse ocupando calzadas nin entorpecer a circulación de vehículos; deberán contar con illamento térmico e limparase ao finalizar, debendo de comprobarse que están apagados os rescaldos antes de rematar; a barbacoas, grella ou similar non poderá estar apoiada directamente no chan (altura mínima 40cm).
  • Deberán contar con extintor ou sistema similar para actuación ante emerxencias.
  • Nas zonas onde se realicen as lumaradas, sardiñadas, barbacoas e similares, unha vez finalizadas, as persoas responsables das mesmas deberán restablecer as condicións de limpeza, seguridade, hixiene e ornato publico.

2. SERVIZOS DE SEGURIDADE E EMERXENCIAS

  • Os servizos de Seguridade e Emerxencias Municipais (Policía Local e Protección Civil) velarán polo cumprimento do regulado nesta disposición e no resto das ordenanzas municipais, de forma que no suposto de que as persoas responsables de instalacións, actos, eventos (incluídos a celebración de lumaradas, sardiñadas, barbacoas ou similares) non as retiren ou modifiquen voluntariamente en caso de ser requiridos para iso por razóns de seguridade, peidan proceder á súa retirada inmediata e traslado onde se estime necesario, iso sen prexuízo da iniciación, se é o caso, do expediente sancionador que puidese corresponder.

3. EVENTOS E ACTOS, SARDIÑADAS, BARBACOAS E SIMILARES EN ESPAZOS PÚBLICOS E PRIVADOS

  • Recórdase que a celebración de lumaradas, sardiñadas, barbacoas ou actos similares con motivo da celebración das festas do San Xoán están suxeitas a COMUNICACIÓN PREVIA ao Concello por escrito ou e-mail (sanxoan@culleredo.es) indicando datos da persoa responsable (DNI, enderezo e teléfono de contacto) asi como ubicación exacta da parcela ou solar onde se vai celebrar a lumarada (plano de situación ou referencia catastral). "O prazo para realizar as comunicacións remata o 21 de xuño (as solicitadas fora de prazo consideraranse non autorizadas).

4. INFRACCIÓNS

  • Nos supostos previstos na lexislación vixente e sempre que existan razóns de seguridade que o aconsellen, a Policia Local poderá proceder, como medida preventiva ao comiso e retirada de todo tipo de materiais, instalacións ou bens mobles en xeral, logo de requirimento aos interesados cando iso fose posible. Se a comida fose perecedoira, procederase á súa destrución ou entrega a centros benéficos.

5. NORMAS COMPLEMENTARIAS

  • A concellaría delegada de Seguridade Cidadá queda autorizada para ditar as instrucións complementarias que as circunstancias e o desenvolvemento dos festexos esixan.

A Alcaldía agradece a colaboración de todos/as os/as veciños/as de Culleredo, así como a todos/as os/as visitantes que estes días nos acompañen na celebración das festas do San Xoán 2024

Vista previaAdjuntoTamaño
doc110624-11062024111355.pdf209.04 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina