O Concello de Culleredo presentou a acta de arqueo no pleno de constitución da Corporación, de acordo co disposto polo artigo 36.2 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais.
De acordo co decreto, "os Secretarios e Interventores tomarán as medidas precisas para que o día da constitución das novas Corporacións Locais se efectúe un arqueo e estean preparados e actualizados os xustificantes das existencias en metálico ou valores propios da Corporación, depositados na Caixa Municipal ou entidades bancarias".
A acta de arqueo desprende que o Concello de Culleredo conta con 12.342.373,21 euros en total nas súas contas bancarias.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
acta_de_arqueo.pdf | 635.33 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER