A xeneralización da era dixital é un fenómenos máis destacados dos últimos anos. Internet converteuse nunha ferramenta imprescindible para o noso día a día, tamén para permitir a comunicación entre a administración e a cidadanía.
Neste panorama globalizado, o Concello de Culleredo quere prestar os máximos servizos posibles por esta vía aos veciños e veciñas. Estamos a traballar en próximas melloras que modernicen a presenza a nosa presenza na rede, pero polo de agora neste espazo pódese atopar a información básica e as novas de interese a nivel local.
Desde esta páxina web pódese acceder asemade á sede electrónica, que habilita para realizar trámites online, e ao portal de transparencia, no compromiso manifestado polo Concello.
Agardo que a presenza do Concello de Culleredo en internet serva para dar resposta ás necesidades de comunicación propias destes tempos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER