Culleredo oferta un campamento de Nadal para facilitar a conciliación das familias

O Concello de Culleredo aposta, un ano máis, por proporcionar á veciñanza unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal, ofertando un campamento para facilitar a conciliación nos fogares. A actividade leva por título ‘Campamento de Nadal: Archeology Gate’ e está impulsada pola área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá.

Culleredo celebrará a súa Gran Festa do Magosto o sábado 23 de novembro no parque de Celas

Culleredo celebrará a súa Gran Festa do Magosto o sábado, 23 de novembro, no parque recreativo de Celas, onde haberá unha degustación de varios produtos típicos destas datas e unha actuación musical. Esta actividade dará comezo a partir das 18:00 horas e está organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Recreativa Cultural ‘O Cruceiro’.

Información sobre o Curso de Micoloxía 2024

 
O Concello de Culleredo abriu a incrición ao Curso de Micoloxía 2024. Por unha incidencia técnica, as solicitudes continuarán recibíndose por correo electrónico, sendo válidas as xa rexistradas no formulario online.

Empezan os obradoiros prácticos en ecopercusión para o alumnado de 3º de Educación Primaria dos centros públicos de Culleredo

Este luns, 11 de novembro, empezaron os obradoiros prácticos en ecopercusión nos centros públicos do Concello de Culleredo, destinados ao alumnado de 3º de Educación Primaria. Este é o segundo ano que se desenvolverán estes obradoiros en Culleredo, sendo á súa vez a primeira actividade do curso 2024-25 do programa municipal ‘EducaCulleredo’.

Culleredo organiza unha excursión a Allariz o próximo 30 de novembro con 100 prazas dispoñibles

O Concello de Culleredo organiza unha excursión a Allariz o próximo 30 de novembro con 100 prazas dispoñibles. O prazo de preincrición abrirase o mércores 13 de novembro e pechará o venres 22 de novembro. Poderá realizarse de xeito presencial na segunda planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou nos teléfonos 981 66 55 97 e 649 40 76 04 en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Culleredo organiza unha actividade de Escape Room gratuíta para o sábado 16 de novembro

A área de Xuventude do Concello de Culleredo organizará unha actividade de Escape Room gratuíta para o sábado 16 de novembro. Será nun local da Coruña e a actividade incluirá tamén o transporte, que partirá desde praza Europa ás 17:15 horas, co regreso fixado para as 20:00 horas. Esta actividade conta con 12 prazas dispoñibles que se irán asignando por orde de inscrición.

Culleredo presenta unha ampla programación para conmemorar o 25N

O Concello de Culleredo prepara unha ampla programación de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Baixo o lema ‘Basta xa!’ organizaranse xornadas sobre a violencia contra as mulleres, unha andaina, obras de teatro, contacontos e outras actividades, algunhas delas con entrada baixo reserva e outras con entrada libre.

O mércores 6 de novembro darán inicio as actividades culturais e deportivas 24/25

O Concello de Culleredo informa de que este mércores, 6 de novembro, iniciaranse as actividades culturais e deportivas 2024/25. Completada a tramitación administrativa e a organización de grupos, as actividades comezan segundo os horarios previstos. Desculpen as molestias.

 

Campaña de solidariedade pola DANA, ata o venres 8

O Concello de Culleredo, xunto coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, emprende unha campaña para colaborar coas persoas afectadas pola DANA. Seguindo as indicacións emitidas, precísanse materiais e alimentos básicos.

Declaración institucional do Concello de Culleredo de condena do asasinato homófobo de Samuel Luiz

A corporación do Concello de Culleredo acordou de forma unánime esta Declaración institucional de condena do asasinato homófobo de Samuel Luiz

O Concello de Culleredo manifesta a súa solidariedade coa Comunidade Valenciá e Castela-A Mancha

O Concello de Culleredo únese á dor ante os tráxicos sucesos ocorridos na Comunidade Valenciá e en Castela-A Mancha a consecuencia da dana.

 

Trasladamos todo o noso apoio e solidariedade ás familias das vítimas e afectados por esta desgraza.

Aviso sobre o inicio das actividades municipais 24/25

O Concello de Culleredo informa de que o inicio das actividades culturais e deportivas posporase uns días con respecto á data prevista inicialmento do 21 de outubro. Os servicios municipais ultiman a tramitación administrativa e a organización de grupos para o comezo.

Culleredo celebra o domingo 20 de outubro o Día da Muller Rural con varias actuacións, unha comida e a feira de artesanía

O Concello de Culleredo celebrará o domingo 20 de outubro o Día da Muller Rural cunha gran xornada no parque da Torre de Celas, organizada polo Concello coa colaboración da asociación As Berenguelas. Trátase dunha data moi especial coa que se busca poñer en valor o papel esencial da muller no ámbito rural. A xornada contará cunha ampla programación cun recital poético, unha actuación de pandeireteiras, unha comida, un espectáculo, unha foliada e a Feira de Artesanía e do Produto Ecolóxico.

O Concello presenta novas accións formativas para outubro dentro do Plan Laboral para o Emprego 2024

O Concello de Culleredo, a través do Servizo de Dinamización, Formación e Emprego, impartirá ao longo do mes de outubro unha serie de accións formativas enmarcadas dentro do Plan Laboral para o Emprego 2024 e dirixidas, preferentemente, aos veciños e veciñas do municipio que se atopen en situación de desemprego, teñan máis de 18 anos e estean rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia. As accións formativas que se impartirán son as seguintes: Manipulación de cargas con carreta elevadora, Operario/a de limpeza industrial e Manipulador/a de alimentos.

Culleredo organiza para os seus maiores unha excursión a Ribeira o próximo 19 de outubro con 100 prazas dispoñibles

O Concello de Culleredo organiza para os seus maiores unha excursión a Ribeira para o próximo 19 de outubro con 100 prazas dispoñibles. O prazo de preinscrición abrirase o mércores 2 de outubro e pecharase o venres 11 de outubro. Poderá realizarse presencialmente na segunda planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou nos teléfonos 981 66 55 97 e 649 40 76 04 en horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá que aboar unha taxa polo transporte e outra pola comida, a visita ao Hórreo de Araño e o baile.
 
 

Culleredo dá a benvida ás alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego que percorrerán a segunda etapa do Camiño

Culleredo deu a benvida esta mañá, concretamente ás 8:30 horas, aos ‘peregrinos’ que realizarán un percorrido pola segunda etapa do Camiño desde a Igrexa de Santiago do Burgo, en Culleredo, ata Aquelabanda, en Abegondo. En total, un roteiro de 14 quilómetros.

O Concello abrirá o vindeiro luns o prazo para preinscribirse nas Escolas Municipais 2024/2025

O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 9 de setembro o prazo de preinscrición para as Escolas Municipais culturais e deportivas 2024/2025. Poderán formalizarse ata o 16 de setembro; a lista de persoas preinscritas publicarase o 19 e o sorteo público de prazas será o día 25 deste mes.

Info completa aquí

Culleredo clausura unha nova edición dos campamentos de conciliación de verán coa participación de 456 nenas e nenos

O Concello de Culleredo clausurou esta mañá os campamentos de verán ‘Mañás de Campamento’ no Xardín Botánico do Burgo. A iniciativa púxose en marcha para a conciliación das familias do municipio, reunindo durante todo o verán a 456 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Clubs de lectura en Culleredo 2024/2025

Queres formar parte dos clubs de lectura das bibliotecas de Culleredo? Pois ben, o proceso de inscrición comeza o vindeiro luns, 2 de setembro. Poderás facelo en persoa na do Burgo, así como no enderezo electrónico bibliotecas.municipais@culleredo.es ou no teléfono 981 66 55 97.

O Concello impulsará a terceira edición do programa de formación e emprego 'Culleredo Activo' para 20 personas desempregadas

O Concello de Culleredo impulsará unha terceira edición do programa de formación e emprego ‘Culleredo Activo’, no que 20 persoas en situación de desemprego - 14 de Culleredo e 6 da Coruña - poderán formarse nas especialidades de operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción; así como en traballos de carpintería e mobles.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina