Culleredo deu a benvida esta mañá, concretamente ás 8:30 horas, aos ‘peregrinos’ que realizarán un percorrido pola segunda etapa do Camiño desde a Igrexa de Santiago do Burgo, en Culleredo, ata Aquelabanda, en Abegondo. En total, un roteiro de 14 quilómetros.
Trátase dunha iniciativa na que participan as alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego ‘Unha ventá ao porto medieval da Coruña’, realizado conxuntamente entre as Administracións locais da Coruña e Culleredo, para poñer en valor a vía xacobea na comarca.
A posta en marcha desta actividade a través deste programa de emprego ten como obxectivo prioritario dinamizar cultural e turisticamente tanto á cidade da Coruña como á área metropolitana, poñendo en valor o seu patrimonio.
O alcalde, José Ramón Rioboo; e os edís Carlos Liñares, Mario Iglesias e Juan Carlos Lovelle, déronlles a benvida no punto de inicio do roteiro, a maxestosa igrexa de Santiago do Burgo, levantada no século XII e cunha cabeceira que é a parte máis destacada desde o punto de vista arquitectónico, cunha bóveda de cuarto de esfera.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER