O Concello de Culleredo impulsará unha terceira edición do programa de formación e emprego ‘Culleredo Activo’, no que 20 persoas en situación de desemprego - 14 de Culleredo e 6 da Coruña - poderán formarse nas especialidades de operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción; así como en traballos de carpintería e mobles.
Así, haberá 10 alumnos e alumnas por especialidade e poñeranse en valor dúas das aulas e os aseos exteriores do Centro Municipal de Formación e Emprego ‘Pablo Picasso’ e tamén se realizarán traballos de impermeabilización e pintado da fachada da Casa dos Peóns Camiñeiros. Comezará a mediados de decembro de 2024 e terá unha duración aproximada de 9 meses.
Para isto a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu un total de 411.928,00 euros para gastos salariais e de funcionamento, así como 15.000 para incentivos de contratación. O Concello de Culleredo achegará o persoal técnico e as instalacións necesarias para o desenvolvemento do proxecto, e compromete unha achega de 85.419,93 euros para a execución do proxecto.
As persoas interesadas en formar parte deste programa como alumnado traballador ou como membros do equipo directivo deben dirixirse ás súas respectivas oficinas de emprego. Para consultar información adicional, poden chamar ao Servizo de Dinamización, Formación e Emprego no 981 66 42 04.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER