A campaña de apoio ás persoas afectadas pola DANA emprendida polo Concello de Culleredo recolle unha inmensa chea de solidariedade por parte da veciñanza. En dous días que leva operativa a iniciativa, centos de persoas se achegaron polos puntos de recollida habilitados para colaborar.
De acordo ás indicacións da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Concello almacenará todo material recibido dada a situación loxística da zona. Enviarase posteriormente de acordo coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias, coa que se coordina a campaña.
O dispositivo segue aberto ata o venres 8. Os puntos de depósito son os seguintes:
En canto ao material que se pode levar, requírense alimentos básicos (preferiblemente leite, latas de atún ou alimentación infantil), produtos de uso persoal, como calcetíns, e hixiene, ou artigos de limpeza doméstica.
Ademais, a FEMP aconsella á cidadanía efectuar doazóns económicas ás entidades que traballan no terreo. É o caso da Cruz Vermella, coa que se mantén unha colaboración. Pódese efectuar unha achega de forma sinxela mediante Bizum ao 33512, entre outros medios.
A iniciativa, desenvolvida polo Concello a través da Oficina Municipal de Voluntariado, e de acordo coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, quere facilitar á veciñanza de Culleredo unha vía para apoiar ás persoas damnificadas ante esta catástrofe.
O Concello informa de que se algunha empresa, negocio, asociación ou entidade desexa unirse a este dispositivo cunha colaboración máis ampla, pode poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Voluntariado a través do 620 008 450, tanto por teléfono como por WhatsAPP.
O Concello de Culleredo agradecede a enorme solidariedade que está amosando a veciñanza do municipioante un desastre desta magnitude.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER