Declaración institucional do Concello de Culleredo de condena do asasinato homófobo de Samuel Luiz

A corporación do Concello de Culleredo acordou de forma unánime esta Declaración institucional de condena do asasinato homófobo de Samuel Luiz:

O 4 de xullo de 2021, Samuel Luiz, un mozo de 24 anos, foi asasinado na Coruña tras unha brutal agresión homófoba. Este asasinato, que conmocionou á toda a sociedade, puxo de manifesto, unha vez máis, a persistente e violenta LGTBIfobia que segue presente no noso país.

A resposta social foi inmediata, con manifestacións en toda España pedindo "Xustiza para Samuel” e condenando a violencia homófoba. Estas accións demostraron que a sociedade reclama políticas máis contundentes para protexer os dereitos do colectivo LGTBI e garantir unha convivencia libre de odio e discriminación.

Con todo, este crime non é un feito illado. Os delitos de odio, e en particular os relacionados coa orientación sexual e a identidade de xénero, experimentaron un preocupante aumento nos últimos anos. Segundo os datos do Ministerio do Interior, estes duplicáronse en Galicia nos últimos cinco anos, amosando unha tendencia preocupante que require unha resposta firme e coordinada por parte das institucións.

O xuízo polo asasinato de Samuel Luiz representa un momento clave non só xustiza, senón tamén para reafirmar o compromiso das administracións na loita contra LGTBIfobia. As políticas públicas deben centrarse en previr estes delitos, vítimas e fomentar unha cultura de respecto pola diversidade. A violencia e a LGTBIfobia non poden ter cabida nunha sociedade que aspira á igualdade e á convivencia pacífica.

Por todo o exposto, o Concello de Culleredo, mediante a presente DECLARACIÓN INSTITUCIONAL:

1. Condena a agresión homófoba que causou o asasinato de Samuel Luiz e expresar rexeitamento máis firme desta Coporación ante calquera forma de violencia e odio motivada pola orientación sexual ou a identidade de xénero.

2. Traslada o apoio e a solidariedade á familia e amigos de Samuel Luiz, asi como o seu compromiso coa xustiza.

3. Condena todas as condutas que atenten contra a dignidade e os dereitos do colectivo LGTBI e manifesta o compromiso deste Concello coa construción dunha sociedade inclusiva, diversa e libre de odio.

E en consecuencia, comprométese a :

1. Instar ás administracións públicas competentes a intensificar as accións dirixidas a erradicar a LGTBIfobia e calquera forma de discriminación e odio, mediante políticas educativas, campañas de sensibilización e o apoio ás vítimas.

2. A creación dun protocolo de actuación fronte a agresións LGTBIfóbicas a nivel local, que garanta a protección das vítimas e unha resposta institucional e policial rápida ante estes delitos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina