O Concello de Culleredo clausurou esta mañá os campamentos de verán ‘Mañás de Campamento’ no Xardín Botánico do Burgo. A iniciativa púxose en marcha para a conciliación das familias do municipio, reunindo durante todo o verán a 456 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
Os campamentos de verán do Concello iniciáronse no pasado mes de xullo e constaron de seis quendas diferentes, ás que foi asistindo progresivamente a rapazada inscrita en cada quenda. O programa do Concello de Culleredo propiciou unha atención de ata 8,5 horas ao día para apoiar ás familias do municipio baixo a premisa de tentar facilitar a conciliación durante os meses de verán.
Ao longo deste verán, os 456 nenos e nenas participantes gozaron de varias actividades lecer e tamén educativas que abordaron ámbitos como a saúde, a intelixencia emocional, a interculturalidade ou o coidado da contorna.
Estas actividades realizáronse na súa maioría no CEIP Plurilingüe Vila de Rutis e CEIP Plurilingüe Sofía Casanova, aínda que tamén se fixeron algunhas excursións e saídas dinámicas, como unha visita a Santiago de Compostela ou actividades no propio Botánico.
A iniciativa municipal de conciliación familiar dedicada aos máis pequenos da casa tratou este ano ao redor da figura de mulleres cullerdenses destacadas, como Sofía Casanova ou Virginia Blanco, poñendo en valor a diferentes personalidades do municipio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER