Culleredo celebrará a súa Gran Festa do Magosto o sábado, 23 de novembro, no parque recreativo de Celas, onde haberá unha degustación de varios produtos típicos destas datas e unha actuación musical. Esta actividade dará comezo a partir das 18:00 horas e está organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Recreativa Cultural ‘O Cruceiro’.
No evento, que conta con acceso libre, poderase degustar o produto típico desta celebración, as castañas asadas, pero tamén touciño á brasa, viño novo e queimada. Ademais, a festa será amenizada pola agrupación musical Dúo Maracaibo.