Campamentos de Verán 2009. Programa de ocio e tempo libre para persoas con dicapacidade

Solicitudes

Formalizaranse no impreso segundo modelo oficial. Estos impresos estarán á disposición nos Servizos de persoas maiores, persoas con discapacidade e menores e Servizos de xuventude e solidariedade das delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar, servizos sociais dos concellos e oficinas de información xuvenil dos concellos.

Presentaranse nas delegacións provinciais mencionadas, na Dirección Xeral de Acción Social, na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ou por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xunto coa solicitude deberase presentar informe médico, segundo modelo oficial que esta a disposición nos mesmos lugares

Documentación

Unha vez recibido o escrito de adxudicación de praza concedida, enviarase a seguinte documentación:

- Resgardo-comprobante do ingreso na conta corrente que se lle indicará no escrito de concesión, debendo figurar o nome da persoa, a instalación e as datas elixidas.

Transcorrido o prazo de 10 días sen recibir o resgardo do ingreso dende a comunicación da concesión da praza, poderá adxudicárselle a outro solicitante.

- Fotocopia do libro de familia. No caso de ser familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos recollidos neste folleto, de acordo coa Orde do 19 de xaneiro de 2009 (DOG nº 23, do 3 de febreiro de 2009).

Equipamento para toda a quenda

- Útiles de aseo - Cueiros, se os precisa - Compresas, se é o caso - Bañadores, toallas, toallas de praia - Chancletas para praia e ducha- Deportivos ou tenis - Chándales e outra roupa suficiente para o tempo da quenda - Chuvasqueiro - Mudas, calcetíns, panos de man ou de papel- Algunha roupa de abrigo - Lentes de sol- Cremas protectoras - Viseira - Para campamentos: Saco de durmir.

Adxudicación

As prazas convocadas serán adxudicadas por unha comisión composta por representantes da Dirección Xeral de Acción Social.

A adxudicación farase da seguinte maneira:

- Por adxudicación directa no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

- Por sorteo, cando a demanda supere as prazas dispoñibles. A adxudicación de prazas estará condicionada a que as características dos usuarios sexan compatibles coas actividades a desenvolver e coas características das instalacións.

Prazo: ata o 22 de maio

Presentación de solicitudes

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Dirección Xeral de Acción Social

Servizo de programas para persoas con discapacidade San Caetano, s/n 15701 Santiago.

Tel.: 981544631/981546736

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

Servizo de xuventude e solidariedade

San Caetano, bloque 3-1 ° 15701 Santiago. Tel.: 981544840

Delegacións provinciais:

A Coruña: Avda. do Exército, 2-1º. Tel: 98118S 771

Ed. Administrativo. Pr. Luís Seoane, s/n Tel.: 981 182501

QUENDAS DE INTEGRACIÓN

Máis información nos arquivos que se achegan.

Vista previaAdjuntoTamaño
campamentos de verán integración.pdf114.95 KB
campamentos de verán integración 2.pdf75.29 KB
campamentos de verán integración 3.pdf443.88 KB
campamentos de verán integración 4.pdf267.27 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina