Martes 14 de xullo ás 20:30 horas, na súa sede natural do Xardín Botánico "Ría do Burgo", actuará dentro do IX Festival BURGOJAZZ, o grupo "ALVARADO JAZZ QUARTET"
O nome de Quique Alvarado é un dos grandes referentes no panorama de jazz na nosa comunidade, non só pola súa veteranía nos escenarios senón tamén polo seu empeño no labor pedagóxico no campo do jazz.
Este grupo de experimentados artistas pretenden abarcar todos os estilos, desde o berce do jazz ata as últimas creacións dos anos 70.
É un concerto melódico rítmico e dinámico no que a improvisación converte a actuación nun espectáculo de luxo.
Formación: Contrabaixo, batería, metal-vento e piano.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER