Xoves 16 de xullo ás 20:30 h. Na Aula da Natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo" suben ó noso escenario jazzístico as novas propostas de "LOBALÚ TRÍO", teñindo de Bossa nova ó espléndido escenario do Xardín Botánico.
A formación nace no ano 2004 a partir da asociación de músicos despois do festival de verán Feito a man en Santiago, no que comparte cartel coa bailarina e profesora Branca Novoneyra nun espactáculo audiovisual no que confluían danza e música. É un espectáculo íntimo e sinxelo onde o ingrediente esencial é a sensibilidade dos compoñentes e a do público co que se trata de trazar unha ponte que facilita a comunicación e o disfrute.
O repertorio abarca diferentes estilos desde as composicións orixinais ata stándar de jazz ou brasileira.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER