Venres 17 de xullo ás 20:30 h. no Xardín Botánico "Ría do Burgo" ocupan o escenario unha das formacións galegas que máis está a soar no panorama jazzístico galego que presenta un dos discos mais escoitados polos amantes do Jazz.
Una auténtica guinda para rematar o IX Festival "Burgo Jazz, que este ano, con gran acerto dedicábamos ás clásicas e novedosas formacións de jazz galego, recoñecidas como Terela Grandín e Manuel Gutiérrez, no panorama estatal e mesmo internacional.
TERELA GRADÍN & MANUEL GUTIÉRREZ: PASCALA"
Despois de Loost (Errabal 06) a formación galega dá unha nova volta de torca no seu ánimo de facer de alquimistas musicais. Combinando composicións propias con versións de clásicos da música pop-rockjazz.
Coma sempre Terela e Manuel saben rodearse de impresionantes
músicos que permiten plasmar nos directos todas as exquisiteces do disco. E de novo sacando a relucir os magníficos músicos que temos no país.
Voz: Terela Gradín
Piano: Manuel Gutiérrez
Contrabaixo: Tom Warburton
Guitarra: Marcelino Galán
Batería: Dani Domínguez
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER