Durante os vindeiros días 10, 11 e 12 de xullo presentarase no concello de Culleredo a primeira edición do Open de RallySlot 1/24 desputarase o rally. Este evento que organiza a Escudería Vilaboa terá lugar nas propias instalacións da sede, na Rúa Alexandre Bóveda, no Burgo.
Durante estas xornadas desputarase un rally que transcurrirá sobre 6 tramos da marca NINCO.
Trátase da primeira edición que se celebra neste concello e prevese un desenvolvemento da proba que a propia organización califica de espectacular ao poder contar con varios Campións e Subcampións de España dos últimos anos, así como importantes pilotos chegados de toda a xeografía española.
A concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe a nacionalista Beatriz Pérez Mosquera, colabora nesta ocasión coa aportación dos trofeos para os finalistas, e satisfácese de poder ofrecer á aficion eventos deste nivel, que por outra banda tenta achegar á poboación moza alternativas de ocio como é o mundo Slot, que "ademais fomentar á participación social dun xeito saudable e lúdico, cos beneficos que isto supón para os nosos mozos e mozas, hoxe en día." segundo palabras da propia nacionalista, Beatriz Pérez.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER