O 14 de outubro ás 18.00h no Pazo Vila Melania, de Vilaboa. Terá lugar a presentación do proxecto "Apoio á implementación de Políticas Locais cunha Perspectiva de Xénero" a cargo das súas responsables: María Glória da Silva, Concelleira de Benestar Social da Cámara Municipal de Praia e Vera Almeida, Presidenta da Cámara Municipal de Paul, de Cabo Verde, país onde foi desenvolvido este proxecto. O concello de Culleredo, un dos cofinanciadores que promoveu esta inciativa a través do programa de Cooperación, no compromiso pola solidariedade e cooperación aos países do Sur, ten especial interese en dar a coñecer a realidade que se está a vivir en Cabo Verde e as súas problemáticas e necesidades polo que organiza este acto dentro visita institucional a Galiza das responsables políticas en Cabo Verde a través do Fondo Galego de Cooperación.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER