O xoves 19 de novembro, ás 17:00 h., o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acollerá a oitava edición do Certame Nacional de Interpretación Intercentros Melómano, na súa fase autonómica.
Ao longo de sete edicións, os conservatorios e alumnos/as de toda España veñen poñendo de manifesto a riqueza artística e pedagóxica que se encerra nos nosos Conservatorios.
A Fundación Orfeo convoca o VIII Certame Nacional de Interpretación "Intercentros Melómano". Para elo conta co apoio da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, o Ministerio de Cultura, a través do INAEM, y o Ministerio de Educación e Ciencia.
O criterio fundamental a xulgar no Certame será a calidade e musicalidade da interpretación, por riba da técnica dun instrumento concreto.
O lema deste ano "non á droga, eu sigo tocando" xira, como en edicións precedentes, entorno á problemática da droga na sociedade e as apartacións que se poden levar a cabo dende a educación musical e as actividades relacionadas coa música.
Estratexia Nacional sobre Drogas para o período 2009-2016
Un dos principios rectores da recentemente aprobada Estratexia Nacional sobre Drogas é a participación social, mediante a sensibilización e concienciación da sociedade no seu conxunto, ao fin de que se involucre de forma directa no problema das drogas.
Para acadar as súas metas, a Estratexia plantéxase unha serie de obxectivos xerais, entre os que destacamos:
• Promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os costos persoais e sociais relacionados coas drogas, sobre a posibilidade real de evitalos, e sobre a importancia de que a sociedade no seu conxunto, sexa parte activa na súa solución.
• Aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia á oferta de drogas.
• Retrasar a idade de inicio do contacto coas drogas.
• Diminuír o consumo de drogas legais e ilegais.
O primeiro ámbito de actuación é a reducción da demanda, que comprende dende a promoción da saúde ata as estratexias de prevención do consumo. Con elo, perséguese, en primeiro lugar, promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os costos persoais e sociais relacionados coas drogas, sobre a posibilidade real de evitalos, e sobre a importancia de que a sociedade no seu conxunto, sexa parte activa na súa solución. En segundo lugar, promover o desenvolvemento de recursos propios que faciliten as actitudes y as conductas de rechazo ás drogas.
Podemos impulsar a implicación da cidadanía fomentando os valores culturais que incrementen a autonomía e a responsabilidade persoal. Ademais, a comunidade educativa, na súa acepción máis ampla, constitúe, xunto á familia, a instancia más importante para a socialización das persoas. Por este motivo, para lograr os obxectivos da prevención hai que contar coa implicación do sistema educativo e, especialmente, do conxunto dos seus profesionais.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER