O Fondo Galego de cooperación prepárase para participar na recuperación de Haití
A asociación, que inclúe as 4 Deputacións e 97 Concellos de Galicia, abre a súa Conta de Emerxencia: 2091.0209.10.3040019000.
A conta, aberta para calquera cidadán interesado, pretende estimular as contribucións das Deputacións e Concellos socios e mesmo non socios.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade abre a súa Conta de Emerxencia este sábado, 16 de xaneiro, facendo un chamamento a todas as Administracións Locais socias da entidade, 97 Concellos e as 4 Deputacións, e mesmo ao resto do municipalismo e cidadanía galegas, para que fagan un esforzo solidario. Co diñeiro recadado, a asociación municipalista contribuirá ao proceso de reconstrución do Haití, que se prevé extraordinariamente custoso e longo, após a dramática situación, en termos humanos e materiais, provocada polo terremoto padecido polo Estado caribeño o pasado 12 de xaneiro.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de Concellos e Deputacións galegas, que naceu en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento, nun compromiso firme e franco cunha xestión profesional e transparente, que garantan a eficacia e eficiencia da axuda, superando divisións partidarias. Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 120 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do norte e do sur.
Tamén conta xa con notable experiencia nas accións de reconstrución posteriores a desastres humanitarios. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego en catástrofes como a de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008, ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009).
As doazóns poden ser realizadas na conta: 2091.0209.10.3040019000, indicando "Emerxencia Haití".
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER