Localízase na parroquia de Celas, ao sudoeste do Concello de Culleredo preto do parque da Torre de Celas, onde se sitúa o museo etnográfico do Concello así como a igrexa de Santa María de Celas (s.XII). O itinerario fluvial está conformado por once muíños dos que a maioría pertencen a varias familias que comparten a propiedade e o seu uso por cotas ou quendas. En febreiro de 2006 os propietarios ceden o uso dos muíños ao Concello de Culleredo que , en marzo de 2007 remata a súa consolidación e organiza a ruta etnográfica para deleite de veciños e visitantes. Dous dos muíños (Fraganova e Ramallal), situados nos extremos da ruta, foron recuperados na funcionalidade orixinal. |
|
|
|
Fai unha viaxe virtual polo "Rego das Xesteiras"
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER