O Conservatorio na TVG
O xoves 10 de xuño acudiremos a San Marcos, Santiago de Compostela cos alumnos de violín de Grao Profesional Paola Becerra, Nicolas Fraga, Andrea Mayor e Ines Bandín para a gravación do programa Eirado na TVG, un programa de producción propia que emitirá a través da súa segunda canle. Trátase dun espazo con contidos culturais dunha hora de duración que se ofrecerá na G2 os sábados en horario de máxima audiencia, a partir das 22.30 horas, presentado por Pemón Bouzas.
Con esta visita á Televisión de Galicia, non só se pretende difundir a actividade do Conservatorio Municipal de Culleredo, senón que sexa un premio e un novo estímulo para os alumnos/as, que coñecerán de primeira man todos os entresixos de como é a televisión por dentro e o esforzo que conleva gravar uns minutos de música en directo, que nada ten que ver cun concerto en directo.
Concerto de Piano no Conservatorio.
O xoves 10 de xuño ás 20:00 horas terceira e última audición dos alumnos de piano neste trimestre Este pequeno concerto terá un caracter mais lúdico xa que os alumnos de piano interpretarán obras de distintos autores a catro mans. Este repertorio ten unha característica singular debido a coordinación que debe existir entre os participantes. Salón de Actos do Conservatorio.
Entrada libre.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER