A Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo organiza o II Curso formativo sobre Comedores Escolares. O curso desenvólvese entre o 14 e o 17 de xuño no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. Na acción formativa participan 41 mulleres e homes que traballan nos comedores escolares e nos servizos de almorzo dos colexios públicos de Culleredo. Nel recibirán unha formación básica sobre seguridade alimentaria, manipulación de alimentos, problemas de nutrición infantil e estratexias a utilizar cos nenos que non queren comer. A finalidade é dotar de coñecementos básicos ás traballadoras e traballadores que lles sirvan para dar unha resposta máis axeitada ás problemáticas coas que se atopan día a día no seu traballo.
O curso conta como docente con Alberto Cepeda Sáez, Catedrático do departamento de química analítica, nutrición e bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e con Fátima Uzal Trigo, psicóloga do Departamento Municipal de Educación de Culleredo.
O curso será clausurado pola Concelleira de Sanidade e Educación dona Carmen Corbelle Varela o vindeiro día 17 de xuño, no que fará entrega dun diploma acreditativo da participación no mesmo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER