O Castelo Music Festival 2010 comeza a coller forma logo de que este sábado, nun programa de radio especial que as asociacións Castelo Deporte e Sons de Base emitiron dende a praza de Europa (O Burgo), foron anunciados os gañadores do certame ETIQUEDIS, que dende o mes de xaneiro procura a opinión de toda a mocidade galega para deseñar unha festa á medida de cada persoa.
Os gañadores do concurso, con máis de mil votos, foron os dj's Piñas & Ramón Gz., seguidos polo cantautor coruñés Hugo Torreiro e Strabismo, un grupo procedente de Noia. Marxe Eskerda, Álvaro González e Maedi Visna completaron as seis primeiras posicións, que dan acceso ao evento.
A sorpresa foi a inclusión no cartel do evento dun dos deejays máis coñecidos de Galicia, Goro, que protagonizará a actuación estelar a noite do 26 de agosto na polideportiva de Castelo (Culleredo).
Máis de duascentas persoas seguiron o programa a través da rede en directo e ao redor de catrocentas presenciaron o evento na propia praza do Burgo ao longo das cinco horas que durou a emisión.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER