O vindeiro xoves, 26 de agosto dende as 10.00h durante as 24 horas celebrarase na polideportiva ao aire libre, da parroquia de Castelo a Festa "E TI QUE DIS?" xunto co "Castelo music. Festival 2010.
As actividades do evento están divididas en nove espazos: Espazo urbán, de lecer, espazo virtual, espazo de son , de deporte, espazo solidario, lounche, multimedia e espazo verde. Nestes espazos agrúpanse as actividades que se desenvolverán durante as 24 horas; actividadades "de mocidade para a mocidade" segundo o lema que respira esta festa e no que a "zona moza" da Concellaría de Mocidade e Voluntariado estará presente.
A través da votación pola rede foron escollidos os grupos que participarán no Castelo Music Festival 2010: DJ Piñas & Ramón Gz., Strabismo, Hugo Torreiro, Maedi Visna, Marxe Eskerda e DJ Álvaro González entre outros. A duración do festival foi a que a mocidade a través da rede pedía: será o máximo que se ofrecía, oito horas, co que se comezará ás 21.00 horas para rematar ás 05.00 horas, logo haberá, tamén como a xente solicitou, unha chocolatada e bebidas máis baratas Para os que queiran durmir haberá acampada e almorzo de balde. No relativo á parte loxística, haberá autobuses dende diferentes puntos de Galicia.
Mais información www.etiquedis.es
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER