Exposicion "Vudú, o camiño negro de Santiago"

A exposición permanecerá aberta ao público do 9 de setembro ao 9 de outubro de 2010, no seguinte horario:

Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
Sábados: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.


Hai xa once anos que nesta Sala tivemos ocasión de coñecer a obra pictórica de Luis López "Gabú", así como parte da súa colección particular de arte africano. Foi unha exposición que significou para Luis o inicio dunha nova etapa, obtendo importantes éxitos posteriormente.
No ano 2005 volvemos contar co seu traballo, neste caso fotográfico, coa exposición "Vudú e contexto no inferno haitiano".
E agora tráenos a exposición"Vudú, o camiño negro de Santiago" (exposta hai una anos na Fundación Granell), unha das exposicións que organizamos con motivo do Xacobeo 2010.
Excelente fotógrafo, a súa cámara, guiada polo espírito aventureiro do artista, -que nos lembra aos exploradores do século XIX-, intérnase en territorios onde o risco, mesmo de perder a vida, é real. Aínda así, consegue realizar unhas fotografías de altísima calidade artística, que nos sobrecollen coa súa beleza, mesmo cando nos amosa cerimonias con rituais estarrecedores.
Estamos seguros de que ninguén que se achegue a contemplala poderá esquecer estas fotografías.

Datos biográficos:
José Luis López Gómez, "Gabú", nace na Coruña en 1963. A súa obra artística baséase na influenza das súas estancias en África Subsahariana (Guinea Bissau, Guinea, Mauritania, Senegal, Malí), Etiopía, Somalia, O Magreb, Amazonia brasileira, Colombia, Cuba, Santo Domingo, Haití e en Indochina (Birmania, Tailandia, Laos e Vietnam). Froito destas viaxes son os seus proxectos "Vudú, o camiño negro de Santiago", "Cristiáns puros de África", "Madrasas africanas", "Burdeis de Asia" ou "Asia, desexando amar..."
Ten obtivo diversos premios no Salón de Outono de Pintura (seleccionado en 2006), Bienal da Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (2º premio en 2008) ou o 1º premio na X edición do Certame de Artes Plásticas "Díaz Pardo" da Deputación da Coruña. Tamén ten participado nas edicións dos Encontros de Pintura e Poesía do Pazo de Mariñán e de Culleredo, e realizado os proxectos fotográficos do Simposio Internacional de Escultura da Deputación da Coruña, celebrados no Pazo de Mariñán (2006 e 2007).
Obra súa figura en coleccións do Museo Nacional de Antropología, Ministerio de Trabajo, Fundación Caixa Galicia, Deputación da Coruña, Endesa, Concello de Culleredo ou Concello de As Pontes.

Exposicións individuais:
2010: Museo das Peregrinacións (Santiago); Casa da Parra (Santiago).
2009: Museo do Pobo Galego (Santiago); Moret Art (A Coruña);
2008: Museo Nacional de Antropología (Madrid).
2007: Consulado de España en Hannover (Alemania); Pazo da Cultura (Pontevedra); Galería Pardo Bazán (A Coruña); Galería Arte Imagen (A Coruña).
2006: Fundación Granell (Santiago); Museo Nacional de Antropología (Madrid); Galería Pardo Bazán (A Coruña); Fundación Araguaney (Santiago); Centro Cultural de Italia (Santo Domingo).
2005: Biblioteca González Garcés (A Coruña); Galería Arte Imagen (A Coruña); Biblioteca Provincial de Lugo (Lugo); Museo dos Muíños (Culleredo).
2004: Castelo de Santa Cruz (Oleiros); Sala de exposicións Forum Telecom (Lisboa).
2003: Galería Sargadelos (Vigo).
2002: Galería Arte Imagen (A Coruña).
2001: Galería Sargadelos (Lugo).
1999: Fundación Araguaney (Santiago); Museo dos Muíños (Culleredo).

Últimas exposicións colectivas:
2009: Fundación Caixa Galicia (Ferrol).
2008: Kiosko Alfonso (A Coruña); Fundación Caixa Galicia (A Coruña).
2007: Fundación Luís Seoane (A Coruña); PALEXCO (A Coruña).
2006: Fundación Caixa Galicia (A Coruña); Fundación Luís Seoane (A Coruña).
2005: FITUR (Madrid).
2004: Galería Actual (Madrid); FITUR (Madrid); Casa de Cultura de Barrañain (Navarra); Centro Cultural Caja España (León).
2003: Sala de exposiciones HYMSA (Barcelona); Galería Siena (San Juan de Puerto Rico).

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina