O vindeiro martes día 5 de Abril as 20:00 horas, terá lugar, no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo, o Concerto do Segundo Trimestre dos alumnos da profesora de piano Elena González, e nesta ocasión, por primeira vez na historia do conservatorio, participarán ademais, os novos alumnos da especialidade de percusión da man do profesor Miguel Paz Vila. Como novidade, contaremos coa participación de dúas nais de alumnas de primeiro curso de piano e os profesores clausurarán o concerto cunhas pequenas pezas para piano e percusión de Ivonne Desportes.
Contamos coa súa asistencia e esperamos que disfruten das actuacións.
A entrada será de balde
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER