O vindeiro xoves, 7 de abril, ás 19.30 horas, terá lugar no salón de actos do conservatorio un concerto didáctico de alumnas e alumnos de piano e acordeón dos profesores do centro Alís Polo e Manuel Rosende. Ademáis haberá tamén unha actuación camerística con alumnas invitadas que cursan 1º de grao elemental de violín, en formato de cuarteto, acompañadas ao piano por un alumno do grao elemental de piano. O que se pretende con esta pioneira actuación é que o alumnado se vaia habituando dende os cursos elementais a facer música en común, cuns poucos músicos, sendo para elo necesario escoitar aos demáis e a un mesmo durante a execución, como parte do proceso de interacción que supón sempre a música de conxunto.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER