Extraordinaria Exposición Retrospectiva da Pintura Social de Alfonso Costa en Culleredo.

O artista Alfonso Costa presenta en Culleredo unha exposición retrospectiva dedicada á temática social

Organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, e cunha numerosa asistencia de público, no que destacaban numerosos artistas, escritores, etc o pasado venres 6 maio ata 11 de xuño, inaugurouse na Sala de Exposicións dos Muíños de Acea de Ama unha relevante exposición de pintura do artista Alfonso Costa (Noia, 1943), un dos mestres da pintura galega contemporánea e estreito e xeneroso colaborador coas iniciativas artísticas cullerdenses dende hai varios anos.

Artista comprometido, membro do Foro Cultura Solidaria Galega, no ano 2006 viaxa a Níxer coa ONG Acción contra a Fame; froito desta viaxe será unha carpeta de gravados para financiar a dita ONG).

Para esta mostra en Culleredo preparou concienzudamente Alfonso Costa unha selección antolóxica da súa obra artística, dende comezos dos anos 70 do século pasado, relacionada cos grandes problemas sociais da Humanidade: a fame, a guerra, a violencia, a explotación económica, o totalitarismo...

É a primeira vez que o artista xunta estes cadros, de distintos formatos e técnicas, nunha exposición; moitos deles, mesmo, é a primeira vez que se presentan en público.

Cremos que merece a pena visitar esta exposición, unha ocasión única de encontrarnos coa obra dun artista profundamente comprometido coa causa dos máis desfavorecidos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina