O Concello presenta o Mercado Templario do Burgo e a Feira dos Continentes

A alcaldesa en funcións, Raquel Jabares, e o concelleiro delegado de Servizos de Dinamización Local, Isidro Taibo, presentaron hoxe a programación de eventos que acollerá no mes de xullo o recinto multiusos do Burgo. Desde mañá, venres 1, ata o domingo 3, celebrarase o Mercado Templario do Burgo de Faro. Logo collerá o relevo, desde o 5 ata o 17 de xullo, a Feira dos Continentes. O mes pechará coas festas patronais da parroquia.

“Temos practicamente todo o mes completo”, sinalou Jabares, quen resaltou que desde a entrada do BNG no goberno local, púxose en valor o entorno da ría do Burgo. A nacionalista ten claro que coa realización destas actividades créase riqueza no concello, tanto no Burgo coma no resto de núcleos, dado que atraese a xente que consume en Culleredo.

“Proporcionamos un lecer alternativo de calidade que funciona como foco dinamizador”, asegurou a rexedora en funcións. Jabares lembrou que ano tras ano, especialmente desde xuño, o recinto conta cunha programación máis estable.

Taibo explicou que o Mercado Templario, que chega á súa carta edición, encherá o paseo marítimo de exposicións de olaría, cetraría, aparatos de tortura, encantadores de serpes, malabaristas, cesteiras e unha morea de actividades para todos os públicos. O mercado ábrese mañá ás 17.30 horas.

O concelleiro explicou que a Feira dos Continentes chega por primeira vez a Culleredo. O evento terá postos de artesanía de países como India. Exipto ou Rusia, gastronomía de Colombia, Alemaña, Exipto ou Arxentina e actuacións de Senegal, de tango arxentino, danza árabe, mariachis ou salsa cubana. Os postos abrirán os fins de semana mañá e tarde e pola semana, pola tarde.

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina