O Concello mellora os centros educativos de cara ao novo curso

O Concello de Culleredo reforma a escola unitaria da parroquia de Sésamo, en desuso, e que agora é necesario reabrir para trasladar aos alumnos da escola unitaria de O Curro, expropiada por mor da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro.

Esta escola de Sésamo pechara hai dous anos polo que o goberno local encargou a súa mellora para recibir "nas mellores condicións" aos pequenos de O Curro, sinala o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

En total, son 16 os alumnos que recibían clase en O Curro e que agora se trasladan a Sésamo. As obras a realizar na escola afectan tanto ao exterior como ao interior do inmoble. Así, consistirán na mellora dos servizos hixiénicos, a pintura do edificio e a reforma do chan, que será de madeira. Igualmente ampliarase a zona de xogos infantís.

O Concello destina 48.000 euros á preparación da escola de Sésamo para a súa reapertura. Estes traballos inclúense no plan de acondicionamento das infraestruturas dos centros educativos que se emprende no verán, de cara a efectuar pequenos arranxos que requiran a chegada dos alumnos ás aulas.

En total, o Concello inviste máis de 80.000 euros nas diferentes obras. Os traballos realízanse en todos os colexios en función das peticións realizadas polos directores e nas escolas unitarias, a petición da dirección do CRA de Culleredo, centro rural agrupado, que coordina a todas as escolas.

As melloras consisten desde pequenos arranxos en servizos, aulas ou portas, até arranxos nos patios. O goberno municipal calcula que as obras estean terminadas antes do comezo do curso.
Escola de Sésamo

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina