"Tristán cara de can" no Burgo

 
PROGRAMACIÓN NADAL CULTURAL 2011

VENRES 09/12/2011

COMPAÑÍA DO ELEFANTE ELEGANTE: TRISTÁN CARA DE CAN.

EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO BURGO. 19:30 hs.

Entrada gratuíta.

Público: Infantil de 3 a 12 anos.
 

Elenco: María Torres, Gonçalo Guerreiro.
Dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro.
 
Sinopse:
TRISTAN é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos. É unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. As personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Os temas da soidade, do abandono e da tristeza son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua de xeito a interpelar aos máis pequenos.

O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrincar o seu corazón para nunca máis sufrir e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata así... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir á nosa personaxe. Será ela capaz?

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina