Cabalgata de Reis

 

Os Reis Magos terán un programa completo o vindeiro 5 de xaneiro en Culleredo, tanto nos núcleos urbanos, coa cabalgata, coma nas parroquias rurais, con visitas aos centros sociais.
 
A Cabalgata dos Reis Magos pola zona urbana do municipio de Culleredo, organizada pola Concellaría de Servizos de Dinamización Local, comezará ás 17:30 horas e partirá do Recinto multiusos do Paseo Marítimo do Burgo.

O percorrido previsto será o seguinte: Avda Juan Carlos I, Fonteculler, As Brañas, Avda. Portádego, Amparo López Jean, Corveira, Vilaboa (en Vilaboa, na praza da igrexa, farán unha recepción aos nenos/as ás 19:00 h.), Vicente Risco, Avda. Rutis, Avda. Acea de Ama e  rematando na Praza Europa do Burgo ás 20:00 horas, onde os Reis recibirán a todos os rapaces e rapazas.

A comitiva real repartirá caramelos sen gluten. Colaboran: Autoescuela San Martín e Aluguer de turismos e furgonetas Ya-car.
 
Mentras, o programa de visitas no rural, no que participa tamén a Concellaría de Participación Cidadá, será o seguinte. Empezará no centro social de Culleredo ás 17.00 horas, onde actuará tamén un grupo de animación. Ás 17.30 horas chegarán a Orro; ás 18.00 horas a Ledoño; ás 19.00 horas a Sueiro; ás 19.30 horas a Sésamo; e ás 20.30 horas acabarán en Celas cunha festa amenizada por un grupo de animación.

 

cartel

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina