Os maiores cullerdenses recibirán consellos para mellorar a súa protección e seguridade de mans da Garda Civil. A Asociación de Mulleres Rosalía de Castro de Culleredo xunto coa Garda civil organizan, en colaboración co Concello de Culleredo a charla: “Prevención e seguridade cidadá nas persoas maiores”.
O acto terá lugar hoxe, día 19 de xaneiro, ás 19:30 horas, no Conservatorio profesional de música, situado en Acea de Ama. A charla será impartida polos relatores da Garda Civil: D. Jesús Ángel López Bergantiños e D. Fernando Villar Santos. A entrada será libre.
Os obxectivos da iniciativa consisten en explicar prácticas que permitan unha maior seguridade, previndo e evitando roubos, timos e estafas ás persoas maiores. O Concello anima aos veciños a achegarse ata o Conservatorio para escoitar de boca de profesionais dos corpos de seguridade uns consellos moi útiles para a súa propia seguridade.